John Maynard Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abrilde 1946, foi un economistainglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresión dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna. A súa influencia é tal que é considerado o economista máis importante do século XX, e o keynesianismo é unha parte esencial no estudo da macroeconomía. O seu principal crítico e outro importante economista, Milton Friedman, que afirma que as súas teorías víronse superadas polos problemas económicos dos anos setenta, nos que a combinación de inflación e o desemprego (estanflación) puxo en tela de xuízo moitas das afirmacións de Keynes. O sistema macroeconómico segundo Keynes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario